Noticia

'A Rebo-Sar': activada a liberación de asentos

Co obxectivo de acadar o mellor ambiente posible e levar ao equipo en volandas cara á vitoria, o club lanza a iniciativa “A Rebo-Sar”. Esta acción permitirá ás persoas abonadas liberar o seu asento no caso de non poder asistir ao partido, para que outro obradoirista poida adquirilo. No caso de que a localidade liberada se venda, o abonado recibirá o 50 % do importe da venda no seu moedeiro do club.

Conforme as persoas abonadas vaian liberando os seus asentos, estes poñeranse automaticamente á venda.

Con esta iniciativa, o Monbus Obradoiro busca crear un ambiente espectacular de cara ao último derbi da tempada, ofrecendo a toda a súa afección a posibilidade de vivir un dos encontros máis agardados do calendario.

Como liberar o teu asento

As persoas abonadas que desexen liberar o seu asento poden facelo de maneira sinxela desde a sección de abonados da web oficial do club. Para iso, deben iniciar sesión co seu usuario e contrasinal, acceder a “Os meus abonos” desde o seu perfil, premer en “Xestionar” na información do seu abono, localizar o partido correspondente, seleccionar “Opcións” e escoller “Vender entrada”. Antes de completar a operación, o sistema solicitará confirmación para asegurar que se desexa continuar co proceso.

Categorías