Noticia

Parte médico: Olle Lundqvist

Tras as pertinentes probas, o equipo médico detectou que Olle Lundqvist sufriu un accidente articular no ombreiro dereito, o que lle ocasionou unha subluxación do mesmo. Esta lesión obrigarao a estar afastado das pistas durante unhas semanas. A súa evolución determinará o tempo de baixa.

Moito ánimo, Olle! En pouco tempo volverémoste ver na pista máis forte ca nunca.

Destacado