Noticia

Abre a nova tenda oficial do Monbus Obradoiro

Con esta apertura poñemos a disposición da nosa afección un espazo único onde poderán mercar toda a roupa oficial e o merchandising do club. Polo momento, este será o único punto de venda presencial autorizado para produtos oficiais do Monbus Obradoiro.

O noso obxectivo é seguir reforzando a presenza da marca Obradoiro e facilitar que todos os obradoiristas poidan acceder de maneira cómoda e directa aos artigos do equipo. A tenda convivirá coa venda en liña, ampliando as opcións para que os seguidores poidan facerse cos seus produtos tanto en persoa como desde calquera lugar.

Ademais de ser un lugar de compra, este espazo está pensado como un punto de encontro para a afección, onde tamén se poderán realizar consultas e recoller os abonos físicos da tempada.

O horario inicial manterase de luns a venres ata o venres 3 de outubro. A partir desa data anunciaremos o horario definitivo que rexerá durante o resto da tempada.

Proximamente iranse incorporando máis artigos á venda, tanto na tenda física como na en liña, para que cada obradoirista poida sentirse identificado co club, cos seus cores e cos valores que transmitimos.

Destacado