Noticia

Abono fin de tempada

O conxunto compostelán anunciou a saída dun novo abono de final de tempada co obxectivo de encher o Multiusos Fontes do Sar nun momento clave do curso. Este pase permitirá aos afeccionados asistir aos catro últimos encontros como local do equipo na fase regular, ademais de ofrecer descontos na tenda oficial do club.

En concreto, o abono inclúe os partidos correspondentes á xornada 28 fronte a Palencia Baloncesto, a xornada 30 ante o Club Ourense Baloncesto, a xornada 32 contra o Movistar Estudiantes e a xornada 34 fronte ao Gipuzkoa Basket, todos eles de grande relevancia na recta final da competición.

En canto aos prezos, estrutúranse do seguinte xeito:

Fondo
  • Adultos (+17): 36 €
  • Xuvenís (13-17): 18 €
  • Infantís: (-13): 9 €
Tribuna 2
  • Adultos: 57 €
  • Xuvenís : 29 €
  • Infantís: 15 €
Tribuna 1
  • Adultos: 75 €
  • Xuvenís: 38 €
  • Infantís: 19 €
Grada retráctil
  • Adultos: 90 €
  • Xuvenís: 45 €
  • Infantís: 23 €
Mobilidade reducida: 27 €

Dende a entidade galega animan á afección a apoiar ao equipo neste treito decisivo da tempada, salientando a importancia de cada encontro para acadar os obxectivos deportivos.

Categorías
Destacado