
Esta renovación ten como obxectivo ofrecer unha plataforma máis clara, intuitiva e accesible para todos os seguidores do club, facilitando o acceso á información e mellorando a experiencia de navegación.
Tras anos de frutífera colaboración con Cluplik, o club aposta agora por unha modernización integral da súa presenza en liña mediante a nova plataforma desenvolvida por T2V. Este cambio permitirá centralizar nun único sistema todas as ferramentas dixitais do club, integrando contidos de actualidade, a área de abonados, a venda de entradas e o merchandising oficial.
Entre as principais novidades, a web incorpora un espazo de novas e galerías fotográficas, unha sección dedicada á historia do club, canles de contacto e un apartado específico para o proxecto Obra-Social, que recollerá as iniciativas sociais levadas a cabo durante a pasada tempada. Ademais, destacarase o labor do Club de Empresas e a presenza dos principais patrocinadores do Obradoiro CAB.
No plano deportivo, os afeccionados atoparán toda a información sobre o primeiro equipo, o Monbus Obradoiro, así como un espazo para a canteira, que incluirá detalles sobre os campus e os equipos da Fundación Obradoiro. Tamén se estrea unha sección especial, ‘Obra-Kids’, pensada para que os máis pequenos gocen con xogos e contidos relacionados co baloncesto e co espírito obradoirista.
Un dos elementos distintivos desta nova web é a adopción do dominio .gal, unha extensión de nivel superior xeográfico (geoTLD) aprobada pola ICANN, concibida para representar e poñer en valor a cultura, lingua e comunidade galega.
Ao tratarse dunha web completamente nova, cómpre mencionar que se irán facendo probas durante as vindeiras semanas, de cara a que cando comece a pretempada e, máis concretamente, a tempada, xa estea a pleno rendemento para o goce de toda a afección. Durante este proceso de implantación terase en conta en todo momento aos obradoiristas, aos que se lles agradecerá que acheguen ideas para a mellora da web.
O Obradoiro CAB convida a toda a súa afección e aos medios de comunicación a visitar desde hoxe mesmo a nova web e comezar a familiarizarse co seu funcionamento.
5
Ala-pivot
Altura: 2,03m.
Data nacemento: 21/09/1996
7
Pivot
Altura: 2,18m.
Data nacemento: 30/04/1998
8
Pivot
Altura: 2,10m.
Data nacemento: 26/02/1992
9
Base
Altura: 1,98m.
Data nacemento: 24/06/1992
10
Base
Altura: 1,87m.
Data nacemento: 24/01/2006
16
Pivot
Altura: 2,06m.
Data nacemento: 26/11/2002
23
Alerg
Altura: 1,96m.
Data nacemento: 15/04/1993
24
Alerg
Altura: 1,98m.
Data nacemento: 24/04/1997
25
Escolta
Altura: 1,85m.
Data nacemento: 21/04/1996
28
Escolta
Altura: 1,87m.
Data nacemento: 31/08/1998
29
Base
Altura: 1,99m.
Data nacemento: 21/11/1999
57
Ala-pivot
Altura: 2,07m.
Data nacemento: 12/09/1999
Adestrador
Data nacemento: 25/05/1978
O noso sitio utiliza cookies.
Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para analizar nuestros servicios y mostrarte publicidad relacionada con tus preferencias, en base a un perfil elaborado a partir de tus hábitos de navegación (por ejemplo, páginas visitadas). Si continúas navegando, consideraremos que aceptas su uso. Puedes configurar o rechazar la utilización de cookies u obtener más información aquí
Más información sobre el uso de cookies y sus opciones de privacidad
Este sitio web utiliza cookies propias para recabar y tratar su información con las finalidades que se detallan a continuación en el panel de configuración.
A través del mismo, puede aceptar o rechazar de forma diferenciada el uso de cookies, que están clasificadas en función del servicio. En cada uno de ellos encontrará información adicional sobre sus cookies. Puede encontrar más información en Política de cookies.