Súper Agropal Palencia e Monbus Obradoiro mediron as súas forzas no primeiro partido do ano 2026, que ademais servía como antesala dos cuartos de final da Copa España, que se disputarán en terras castelás o vindeiro 7 de xaneiro entre ambos os equipos.
Co Palacio Municipal de Deportes de Palencia cheo ata a bandeira, aínda que cunha notable presenza de afeccionados obradoiristas nas bancadas, Felipe dos Anjos abría o marcador na primeira posesión visitante. O pívot brasileiro sería tamén o encargado de anotar a segunda canastra do encontro (0-4). Malia a presión exercida dende a bancada e por parte dos palentinos sobre a pista, o conxunto galego lograba coller aire e acadar un +8 aos tres minutos de xogo (5-13).
As seguintes posesións favoreceron aos locais, que conseguiron reducir distancias ata colocarse a só dous puntos (13-15). Con tres minutos de cuarto por diante, os palentinos remataron de impor a súa lei e lograron poñerse por diante por primeira vez en todo o encontro (21-20). Malia a alternancia no marcador, Súper Agropal Palencia soubo aproveitar mellor as súas posesións para pechar o primeiro cuarto con vantaxe (29-26).
Co avance do partido, Alex Galán poñería o empate dende a liña exterior, aínda que pouco tardarían os palentinos en volver poñerse por diante (32-29). Aos tres minutos deste segundo cuarto, Diego Epifanio viuse obrigado a pedir tempo morto. Pouco despois acadouse a maior desvantaxe visitante ata o momento, cun -8 (39-31). Porén, no seu peor momento, os composteláns souberon unirse e sumar esforzos, logrando darlle a volta ao marcador cun triplo de Micah Speight (41-42). Os xogadores marcharon aos vestiarios cun resultado que deixaba todo por decidir, aínda que cunha lixeira vantaxe para Súper Agropal Palencia (49-46).
Os locais, arroupados pola súa afección, regresaron máis fortes tras o descanso. Aos tres minutos do terceiro cuarto, os castelán-leoneses mandaban por sete puntos, pero Yunio Barrueta non se daba por vencido e recortaba distancias ata o -4 (56-52). De novo Micah Speight, cun triplo dende a súa casa tras un bo roubo de balón, devolvía a vantaxe ao Monbus Obradoiro (56-57). Malia ese arreón visitante, os de Lezcano reaccionaron e, a base de rebotes e bos roubos, acadaron un +11 co que pecharon o terceiro cuarto (70-59).
O último cuarto comezou con forza para o Monbus Obradoiro, que reduciu rapidamente en seis puntos a diferenza grazas a un bo xogo interior e a unha defensa que deixou en branco o casilleiro local (70-65). Alejandro Galán e Leo Westermann continuaron coa xeira galega sumando un 2+1 e aproveitando unha técnica sinalada ao conxunto local. Só un punto separaba a ambos os equipos a sete minutos do final (70-69). Pouco despois, o propio Westermann e Alejandro Galán poñían aos seus por diante tras asinar un parcial de 0-14 (70-75).
O partido entrou nos minutos decisivos coa máxima igualdade, con só cinco puntos de diferenza a pouco máis de tres minutos para o final (74-79). A dous minutos do remate, o marcador reflectía o empate, pero Alex Barcello non tardou en rompelo dende a liña de 6,75 (81-84). A un minuto para a conclusión, os galegos seguían por diante, aínda que desta volta por un só punto. Todo se decidiu nas últimas posesións, nas que o Monbus Obradoiro soubo sufrir para levar a vitoria por 85-87.
85 – Súper Agropal Palencia: A. Wintering (16), O. Gómez Fernández (0), A. Kunkel (6), T. Borg (7), X. Oroz Uria (3), I. Jakovics (11), M. Kamba (6), M. Rodríguez Barrientos (0), J. Vrankic (22), J. González Calvo (0), M. Armus (6), S. Ugochukwu (8).
87 – Monbus Obradoiro: Micah Speight (14), Denzel Andersson (3), Felipe dos Anjos (12), Leo Westermann (8), Alonso Grela (0), Dejan Kravic (6), Aitor Etxeguren (0), Yunio Barrueta (13), Diogo Brito (1), Sergi Quintela (2), Alex Barcello (7), Alejandro Galán (21).
Parciais: 29-26, 49-46, 70-59, 85-87.
Árbitros: Javier Ávila Zurita, Daniel Checa Nebot, Sergio del Val Nuño.
Incidencias: Partido correspondente á décimo quinta xornada da Primeira FEB disputado no Palacio Municipal de Deportes de Palencia.
1
Base
Altura: 1,78m.
Data nacemento: 26/06/1998
5
Ala-pivot
Altura: 2,03m.
Data nacemento: 21/09/1996
7
Pivot
Altura: 2,18m.
Data nacemento: 30/04/1998
8
Pivot
Altura: 2,10m.
Data nacemento: 26/02/1992
9
Base
Altura: 1,98m.
Data nacemento: 24/06/1992
10
Base
Altura: 1,87m.
Data nacemento: 24/01/2006
11
Pivot
Altura: 2,13m.
Data nacemento: 09/10/2025
16
Pivot
Altura: 2,06m.
Data nacemento: 26/11/2002
23
Alerg
Altura: 1,96m.
Data nacemento: 15/04/1993
24
Alerg
Altura: 1,98m.
Data nacemento: 24/04/1997
25
Escolta
Altura: 1,85m.
Data nacemento: 21/04/1996
28
Escolta
Altura: 1,87m.
Data nacemento: 31/08/1998
29
Base
Altura: 1,99m.
Data nacemento: 21/11/1999
57
Ala-pivot
Altura: 2,07m.
Data nacemento: 12/09/1999
Entrenador
Data nacemento: 25/05/1978
Nuestro sitio utiliza cookies.
Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para analizar nuestros servicios y mostrarte publicidad relacionada con tus preferencias, en base a un perfil elaborado a partir de tus hábitos de navegación (por ejemplo, páginas visitadas). Si continúas navegando, consideraremos que aceptas su uso. Puedes configurar o rechazar la utilización de cookies u obtener más información aquí
Más información sobre el uso de cookies y sus opciones de privacidad
Este sitio web utiliza cookies propias para recabar y tratar su información con las finalidades que se detallan a continuación en el panel de configuración.
A través del mismo, puede aceptar o rechazar de forma diferenciada el uso de cookies, que están clasificadas en función del servicio. En cada uno de ellos encontrará información adicional sobre sus cookies. Puede encontrar más información en Política de cookies.
