Noticia

Alex Barcello faise co último MVP Estrella Galicia de 2025

Os enfrontamentos ante Flexicar Fuenlabrada, Caja Rural CB Zamora, Palmer Basket Mallorca Palma e Leyma Coruña deixaron tres candidatos propostos pola prensa local para facerse co galardón.

Finalmente, foron os afeccionados, a través das redes sociais, quen elixiron a Alex Barcello como o mellor xogador do mes, cun 62,5 % dos votos. En segundo lugar situouse Leo Westermann, cun 32,3 %, e en terceira posición quedou Dejan Kravic, cun 5,2 %.

Barcello quixo agradecer á afección o seu apoio para lograr o seu segundo MVP no que vai de tempada, aínda que é consciente de que aínda queda moito por diante. “Moitas grazas a todos por este premio, pero a tempada é moi longa. Debemos traballar día a día para poder gañar os partidos. Persoalmente sei que podo mellorar e facelo mellor. Este equipo confía en min, o club confía en min e os adestradores tamén”, sinalou o xogador.

Actualmente, o equipo marcha segundo na liga, pero ao ser preguntado polos rivais directos, Barcello afirmou que “temos que centrarnos en nós. Os outros equipos van facer o que teñan que facer, pero nós debemos enfocarnos en seguir traballando e mellorando cada día, porque non queremos perder”.

Durante a entrega do MVP, o escolta tamén mencionou que os partidos contra Súper Agropal Palencia e Ourense foron moi duros para o equipo, aínda que destacou que “agora temos que centrarnos no partido de mañá fronte ao HLA Alicante”.

Categorías
Destacado