Noticia

Nacen os almorzos do Obradoiro

“Os almorzos do Obradoiro” pretenden ser un espazo profesional e dinámico que combina networking de calidade con contidos de actualidade, enfocados en xerar un impacto tangible na xestión e nos resultados das empresas.

O ciclo comezará o 25 de febreiro coa sesión “Un mundo conectado, un mundo vulnerable”, dedicada á ciberseguridade nas pemes e presentada por Xabier Nabeiro Cabanas, de Ozona TECH. Nas próximas edicións trataranse temas como a saúde física e mental nas organizacións e o retorno económico, social e emocional do patrocinio deportivo. Todas as sesións seguirán un enfoque práctico e sen contido comercial, priorizando o intercambio de experiencias e coñecemento real.

Os encontros desenvolveranse de febreiro a maio, cunha sesión mensual en horario de 9:00 a 10:00, consolidando un punto de encontro estable para o ecosistema empresarial galego.

Con esta iniciativa, Obradoiro reforza o seu compromiso co tecido empresarial, fomentando conexións de valor e espazos de reflexión sobre os retos estratéxicos que marcan a axenda das empresas intelixentes.

Categorías
Destacado