Terceiro partido nunha semana para o Monbus Obradoiro. Os galegos viaxaban ata Alicante para enfrontarse a un rival que chegaba tras sufrir para imponerse ao Fibwi Palma despois de dúas prórrogas. Pola súa banda, os composteláns cumpriran nos seus dous compromisos anteriores e buscaban pechar a semana con pleno de vitorias.
O encontro comezou de forma moi positiva para o equipo de Diego Epifanio, que asinou un parcial inicial de 0-6 grazas ás primeiras canastas de Leo Westermann, Felipe Dos Anjos e Alex Barcello. HLA Alicante reaccionou rapidamente e, antes do ecuador do primeiro cuarto, conseguía colocarse por diante no marcador (12-11). Unha boa racha dos exteriores locais mantivo o partido moi igualado. A dous minutos para o final do período, o marcador reflectía táboas (22-22) e, na última posesión visitante, Dejan Kravic penetró na pintura para deixar ao Obradoiro por diante ao remate do primeiro cuarto (26-27).
O segundo cuarto arrancou con ímpeto local. HLA Alicante logrou abrir unha pequena fenda de catro puntos aos dous minutos (31-27), pero a reacción obradoirista non tardou en chegar. Travis Munnings e Sergi Quintela devolvían a vantaxe aos composteláns (31-32). No ecuador do período, e co equipo tres puntos por debaixo tras dous tiros libres locais, Epi solicitou tempo morto para reaxustar ao equipo (36-33). O conxunto alacantino mantivo a iniciativa durante varios minutos, ata que, a falta dun minuto e medio, Alejandro Galán asinou o empate a 45. O partido marchábase ao descanso con máxima igualdade (47-47).
Tras o paso polos vestiarios, ambos equipos intercambiaron canastas durante os primeiros compases do terceiro cuarto. Pasados tres minutos e medio, HLA Alicante recuperou unha vantaxe de cinco puntos e incluso logrou ampliala (59-53). O Monbus Obradoiro reaccionou aproveitando varios erros rivais e volveu apretar o marcador ata situarse a só un punto (62-61). A dous minutos do final do cuarto, Sergi Quintela culminou a remontada e puxo por diante aos visitantes (64-65). Un bo tramo defensivo permitiu ao conxunto compostelán pechar o período cun parcial favorable e abrir unha pequena vantaxe (64-69).
O último cuarto arrancou cunha canasta de Dejan Kravic, seguida dun roubo e dunha nova anotación de Sergi Quintela que elevaban a renda visitante ata o +9 (64-73), a maior ata ese momento. HLA Alicante tratou de reaccionar e conseguiu achegarse a cinco puntos, pero o Monbus Obradoiro respondeu con contundencia. Dous triplos consecutivos de Denzel Andersson, sumados a unha bandeira de Dejan Kravic, ampliaban a vantaxe ata o +15 (68-83). A partir de aí, o conxunto galego soubo xestionar o tramo final do encontro. Tres tiros libres de Alex Barcello, a falta de dous minutos, colocaban o +17 no marcador (76-93) e remataban de encamiñar a vitoria. Finalmente, o Monbus Obradoiro pechou o partido superando a barreira dos cen puntos para selar unha contundente vitoria en Alicante (80-103).
Ficha Técnica
80 – HLA Alicante: J. Bone (18), Y. Joseph (5), U. Mendicote Rubio (0), S. Hollanders (3), J. Mwema (2), E. Polanco Tavares (2), B. Coulibaly (2), K. Larsen (19), I. Tamba Villen (3), A. Jorda Rodríguez (6), D. Geu (9), M. Torres Cuevas (11).
103 - Monbus Obradoiro: Denzel Andersson (8), Felipe dos Anjos (12), Leo Westermann (9), Alonso Grela (0), Dejan Kravic (14), Aitor Etxeguren (0), Travis Munnings (9), Yunio Barrueta (8), Diogo Brito (3), Sergi Quintela (12), Alex Barcello (16), Alejandro Galán (12).
Cuartos: 26-27, 47-47, 64-69, 80-103.
Árbitros: Leandro Nicolás Lezcano, Josep María Olivares Bernabeu, Laura Piñeiro Amondaray.
Incidencias: Partido correspondente á vixésima quinta xornada da Primeira FEB disputada no Centro de Tecnificación Deportiva de Alicante.
1
Base
Altura: 1,78m.
Data nacemento: 26/06/1998
5
Ala-pivot
Altura: 2,03m.
Data nacemento: 21/09/1996
7
Pivot
Altura: 2,18m.
Data nacemento: 30/04/1998
8
Pivot
Altura: 2,10m.
Data nacemento: 26/02/1992
9
Base
Altura: 1,98m.
Data nacemento: 24/06/1992
10
Base
Altura: 1,87m.
Data nacemento: 24/01/2006
11
Pivot
Altura: 2,13m.
Data nacemento: 09/10/2025
16
Pivot
Altura: 2,06m.
Data nacemento: 26/11/2002
22
Ala-pivot
Altura: 1,98m.
Data nacemento: 14/09/1994
23
Alerg
Altura: 1,96m.
Data nacemento: 15/04/1993
24
Alerg
Altura: 1,98m.
Data nacemento: 24/04/1997
25
Escolta
Altura: 1,85m.
Data nacemento: 21/04/1996
28
Escolta
Altura: 1,87m.
Data nacemento: 31/08/1998
29
Base
Altura: 1,99m.
Data nacemento: 21/11/1999
57
Ala-pivot
Altura: 2,07m.
Data nacemento: 12/09/1999
Adestrador
Data nacemento: 25/05/1978
O noso sitio utiliza cookies.
Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para analizar nuestros servicios y mostrarte publicidad relacionada con tus preferencias, en base a un perfil elaborado a partir de tus hábitos de navegación (por ejemplo, páginas visitadas). Si continúas navegando, consideraremos que aceptas su uso. Puedes configurar o rechazar la utilización de cookies u obtener más información aquí
Más información sobre el uso de cookies y sus opciones de privacidad
Este sitio web utiliza cookies propias para recabar y tratar su información con las finalidades que se detallan a continuación en el panel de configuración.
A través del mismo, puede aceptar o rechazar de forma diferenciada el uso de cookies, que están clasificadas en función del servicio. En cada uno de ellos encontrará información adicional sobre sus cookies. Puede encontrar más información en Política de cookies.
