Noticia

Venda de entradas Alimerka Oviedo - Monbus Obradoiro

Chegados ao ecuador da pretempada, o Monbus Obradoiro continúa coa súa preparación antes de afrontar o primeiro partido da Primeira FEB en Menorca, o sábado 27 de setembro. No seu camiño de preparación xa se enfrontou ao Leyma Coruña, ao Porto e de novo aos coruñeses na Copa Galicia, logrando dúas vitorias nestes tres encontros.

Agora tócalle visitar o renovado Palacio dos Deportes de Oviedo para medirse ao Alimerka Oviedo, equipo que chega tras vencer ao recentemente ascendido San Pablo Burgos e deixar moi boas sensacións. Posteriormente, na Serie Alimerka, tamén se impuxo pola mínima ao Grupo Alega Cantabria.

Xa están á venda as entradas para todos os afeccionados que queiran asistir ao encontro. O prezo será de 10 euros para adultos, 5 euros para menores de 18 anos, e os menores de 12 poderán entrar de balde.

Todos os seareiros do Monbus Obradoiro que non poidan viaxar a Oviedo terán a posibilidade de ver o partido en directo, de maneira online, a través da web de Vinx TV.

Destacado