Noticia

Aberta a venda de entradas para o Monbus Obradoiro – Cloud.gal Ourense

O proceso de venda realizarase en dúas fases. En primeiro lugar, os abonados obradoiristas disporán dun período preferente para a compra de entradas, que permanecerá aberto ata o martes 14 ás 14:00 horas. Durante este prazo, cada abonado poderá acceder á adquisición de localidades antes da apertura ao público xeral.

Unha vez finalizada esta primeira fase, habilitarase a venda para o público xeral con todas aquelas localidades que continúen dispoñibles ata completar o aforo.

En canto á afección visitante, reservarase un número de entradas acorde ao acordo establecido entre ambos clubs. Está pendente de confirmación se será o propio club ourensán quen xestione directamente a distribución destas localidades ou se estas se incorporarán ao proceso de venda xeral.

Categorías