Noticia

O Monbus Obradoiro e BYD Resnova Motor unen os seus camiños no compromiso pola mobilidade sostible.

O Monbus Obradoiro asinou un convenio de colaboración con BYD Resnova Motor, mediante o cal a compañía entregou ao club compostelán 14 unidades do seu SUV híbrido enchufable con tecnoloxía Dual Mode intelligent BYD SEAL U DM-i. Con este acordo, a entidade reafirma o seu compromiso coa sustentabilidade e aposta por un modelo de mobilidade máis eficiente e respectuoso co medio ambiente.

Os vehículos entregados pertencen á última xeración do BYD SEAL U DM-i, que dispón dun avanzado sistema de propulsión que combina un motor eléctrico cun de gasolina de 1,5 litros con unha dependencia mínima da gasolina, o que reduce de forma significativa o consumo de combustible e as emisións.

Ademais da súa potencia conxunta, de 218 CV, o SEAL U DM-i ofrece unha experiencia de condución áxil e segura, ideal tanto para os desprazamentos urbanos como para as viaxes de longa distancia do equipo. As súas características inclúen:

  • Pantalla central con rotación eléctrica de 15,6" con sistema intelixente de infoentretenemento.

  • Asistentes de condución ADAS de última xeración.

  • Interior amplo, ergonómico e con gran capacidade de carga, adaptado ás necesidades do día a día do club.

Durante o acto de entrega, tanto representantes de BYD como do Monbus Obradoiro subliñaron a importancia desta alianza estratéxica. Para o club, supón un paso adiante no seu compromiso coa mobilidade sostible; para a marca, un reforzo da súa visibilidade no ámbito deportivo e no mercado europeo de vehículos eléctricos e híbridos enchufables.

Con esta nova flota, o Monbus Obradoiro garante un transporte oficial máis eficiente e de baixas emisións para os seus xogadores e, ao mesmo tempo, contribúe a promover un futuro máis sostible para Galicia e para o deporte.

Destacado