Noticia

Non perdas a emoción de Sar! Abonos de media tempada xa dispoñibles

Desde xa, os afeccionados do Monbus Obradoiro que aínda non sexan abonados poden adquirir os abonos de media tempada para os 9 partidos que quedan no Multiusos Fontes do Sar fronte a HLA Alicante, Alimerka Oviedo, Hestia Menorca, Grupo Caesa Seguros FC Cartagena, Palmer Basket Mallorca, Super Agrupación Palencia, Club Ourense Baloncesto, Movistar Estudiantes e Inveready Gipuzkoa.

O equipo chega en plena racha imparable: 11 vitorias consecutivas en liga e 13 contando a Copa España. Cada partido será unha oportunidade para gozar do mellor baloncesto e vivir grandes momentos xunto a outros miles de afeccionados. Sabemos que haberá encontros máis difíciles e outros máis sinxelos, pero co teu alento dende a bancada, cada vitoria pode ser aínda máis especial. Queremos que o Sar volva vibrar como no derbi, con cada canastra celebrada e cada xogada que faga saltar ao público.

Adquirir o teu abono é doado e rápido: crea o teu usuario na web ou accede se xa tes conta, selecciona o teu abono de media tempada, escolle o teu asento e completa o pagamento. Os prezos pódense consultar na imaxe adxunta da noticia.

O Fontes do Sar xa demostrou que sabe como vivir un partido con pasión e enerxía, e queremos que ese ambiente se repita en todos os encontros que quedan da tempada. Baixo o lema “Nós Non Faltamos”, preguntámosche: E ti? Fai-te co teu abono e acompáñanos nesta tempada que pode ser máxica.

Categorías
Destacado