Noticia

O Monbus Obradoiro aterra en El Corte Inglés de Santiago

O Monbus Obradoiro estreará este sábado 20 de decembro un novo punto de venda de produtos oficiais do equipo en El Corte Inglés de Santiago de Compostela, achegando aínda máis as cores do club a todos os seus afeccionados.

Neste espazo, os seguidores poderán atopar camisetas, pantalóns, roupa para mascotas, bufandas e diversas prendas de algodón, ideais para regalar ou para lucir as cores do Obra en cada partido.

O novo punto de venda, situado na zona de deportes de El Corte Inglés, permitirá adquirir todos os produtos dispoñibles. Non obstante, non se aplicarán descontos para abonados nin se ofrecerá a opción de serigrafía, funcións que permanecerán exclusivas da tenda física de Sar e da tenda en liña.

Esta apertura reforza a presenza do club na cidade e ofrece unha experiencia de compra cómoda e accesible. A iniciativa súmase a outras accións do club orientadas a conectar coa afección.

A tenda física situada en Sar continuará coa súa actividade habitual, sendo un punto de encontro para os afeccionados que queiran adquirir produtos, resolver dúbidas ou gozar da experiencia completa de compra oficial do club.


Categorías
Destacado