Crónica

Victoria contundente do Monbus Obradoiro en Sar

Aínda que fallaron a primeira ocasión do encontro, o Monbus Obradoiro comezou moi enchufado, en parte grazas á gran eficacia de Yunio Barrueta, que, cun 100% de acerto nos primeiros catro minutos, impulsaba aos galegos ata situarse 7 puntos por enriba do seu rival (18-11). Sen embargo, un parcial de 0-6 axustou o marcador, quedando tres minutos de cuarto (18-17). A mala noticia do período chegou tras un balón disputado que deixou a Olle Lundqvist sobre a cancha de Sar, obrigándoo a retirarse aos vestiarios. Pese a iso, a moral obradoirista non decaeu e pecharon os primeiros dez minutos con 29-21.

Co balón en xogo de novo, foron outra vez os composteláns os primeiros en anotar, desta vez por medio de Denzel Andersson. Os locais seguían de doce e, con tres minutos xogados, ampliaron a súa renda a +14 (38-24). Nos seguintes compases, Caja Rural CB Zamora conseguiu baixar o ritmo do partido e recortar a diferenza a sete puntos (48-41). Nos dous minutos previos ao descanso, os de Diego Epifanio conseguiron marcharse aos vestiarios con un marcador favorable de 56-43, grazas a un encesto de Dejan Kravic.

O Monbus Obradoiro volveu moi concentrado á cancha, logrando nos primeiros compases da segunda metade alcanzar a súa maior vantaxe ata ese momento, +20 (65-45). Esa renda mantívose durante os seguintes cinco minutos (69-50). Alex Barcello, desde o triple, continuou aumentando o casilleiro local ata alcanzar o +21 (77-56). A maquinaria obradoirista, perfectamente engrasada, pechou o terceiro cuarto con un marcador que case deixaba o partido visto para sentenza (88-60).

Nos últimos dez minutos, a bancada de Sar converteuse nunha auténtica festa, animando ao equipo cara á que podería ser a undécima vitoria consecutiva do Monbus Obradoiro. A máis de seis minutos do final, os galegos alcanzaron a súa máxima vantaxe do partido, +36 (98-62). Nos instantes finais, os composteláns superaron o cento de puntos, deixando a vitoria en casa cun contundente 106-80.


Folla Técnica


106 – Monbus Obradoiro: Micah Speight (5), Denzel Andersson (9), Felipe dos Anjos (9), Leo Westermann (8), Dejan Kravic (10), Aitor Etxeguren (6), Yunio Barrueta (25), Diogo Brito (6), Sergi Quintela (9), Alex Barcello (14), Olle Lundqvist (0), Alejandro Galán (5).


80 – Caja Rural CB Zamora: Tyrell Paul Roberts (0), Colby Allen Rogers (15), Jacob Nathaniel Round (0), Josep Peris Crespo (14), Álvaro Martínez Clariana (12), David Kristensen (3), Omar Kabil Lo (16), Toni Naspler Peraire (2), Johan Willem van Zegeren (10), Stymir Snaer Thrastarson (4), Jonas Paukste (4).


Cuartos: 29-21, 56-43, 88-60, 106-80.


Árbitros: Carlos Javier García León, Sergio Acevedo Perera, Christian Ruíz Ramírez-Cruzado.


Incidencias: Partido correspondente á duodécima xornada da Primeira FEB disputado no Multiusos Fontes do Sar de Santiago de Compostela ante 4.397 espectadores.

Categorías
Destacado