Noticia

Adestramento a portas abertas: Xoves 11 de setembro ás 17:30 horas

A pretemporada é sempre un momento clave para o equipo, unha etapa na que o esforzo diario nos adestramentos sienta as bases do rendemento durante toda a tempada. Conscientes da importancia de sentir o apoio da súa afección nestas primeiras semanas, e antes de afrontar os dous próximos partidos amigables —o primeiro en Oviedo e o segundo en Ponferrada—, o club quere abrir as súas portas e compartir parte deste proceso con quen sempre está ao lado do equipo: os afeccionados.

Por iso, organízase unha sesión de adestramento a portas abertas no Multiusos Fontes do Sar. Será unha ocasión especial na que xogadores e corpo técnico poderán percibir de cerca o ánimo e a enerxía da súa xente, ao mesmo tempo que os afeccionados terán a oportunidade de presenciar en directo como se prepara o equipo.

O acceso será gratuíto e realizarase pola porta principal do pavillón, que abrirá minutos antes do inicio da sesión, fixada para as 17:30 horas. Unha vez dentro, cada afeccionado poderá elixir libremente o seu asento nas gradas.

Co fin de protexer a preparación táctica e técnica de cara ao inicio da liga, quedará terminantemente prohibido realizar gravacións de vídeo durante o transcurso do adestramento. Non obstante, unha vez finalice, os afeccionados poderán facerse fotos cos xogadores e pedirlles autógrafos.

Deste xeito, a xornada non só servirá para reforzar o traballo deportivo do equipo, senón tamén para fortalecer os lazos cunha afección que, tempada tras tempada, se converte nun pilar fundamental.

Destacado