
Coa pretempada chegando á súa recta final, o Monbus Obradoiro organiza o I Torneo Internacional Concello de Santiago de Compostela, que se disputará o venres 19 de setembro ás 19:30 horas no Multiusos Fontes do Sar. Nesta primeira edición, o conxunto compostelán medirase ao Oliveirense Basquetebol portugués, nun partido que servirá de antesala ao inminente inicio da liga.
As entradas terán un prezo de 1 euro para abonados e 5 para non abonados. A recadación irá destinada á Fundación Refuxio Animal e a Xea Galicia Recollida de Animais, co obxectivo de impulsar campañas de concienciación sobre benestar animal, loita contra o abandono e fomento da adopción responsable de animais de compañía.
Os abonados terán prioridade na compra de entradas, polo que a venda estará aberta para eles ata o mércores 17 de setembro ás 12:00 horas. A partir desa hora a venda abrirase para todo o público. Cada persoa que merque unha entrada deberá escoller o seu asento, non tendo os abonados reservado o asento que ocuparán durante a tempada.
Ao rematar o encontro, os afeccionados poderán reunirse co equipo no hall do Multiusos Fontes do Sar, onde se instalará unha barra solidaria para seguir apoiando as causas benéficas. Será unha ocasión especial para compartir un intre agradable cos xogadores e o corpo técnico, que se unirán tras pasar polos vestiarios.
7
Pivot
Altura: 2,18m.
Data nacemento: 30/04/1998
8
Pivot
Altura: 2,10m.
Data nacemento: 26/02/1992
9
Base
Altura: 1,98m.
Data nacemento: 24/06/1992
10
Base
Altura: 1,87m.
Data nacemento: 24/01/2006
16
Pivot
Altura: 2,06m.
Data nacemento: 26/11/2002
23
Alerg
Altura: 1,96m.
Data nacemento: 15/04/1993
24
Alerg
Altura: 1,98m.
Data nacemento: 24/04/1997
25
Escolta
Altura: 1,85m.
Data nacemento: 21/04/1996
28
Escolta
Altura: 1,87m.
Data nacemento: 31/08/1998
29
Base
Altura: 1,99m.
Data nacemento: 21/11/1999
57
Ala-pivot
Altura: 2,07m.
Data nacemento: 12/09/1999
Entrenador
Data nacemento: 25/05/1978
Nuestro sitio utiliza cookies.
Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para analizar nuestros servicios y mostrarte publicidad relacionada con tus preferencias, en base a un perfil elaborado a partir de tus hábitos de navegación (por ejemplo, páginas visitadas). Si continúas navegando, consideraremos que aceptas su uso. Puedes configurar o rechazar la utilización de cookies u obtener más información aquí
Más información sobre el uso de cookies y sus opciones de privacidad
Este sitio web utiliza cookies propias para recabar y tratar su información con las finalidades que se detallan a continuación en el panel de configuración.
A través del mismo, puede aceptar o rechazar de forma diferenciada el uso de cookies, que están clasificadas en función del servicio. En cada uno de ellos encontrará información adicional sobre sus cookies. Puede encontrar más información en Política de cookies.