Tras esgotarse as entradas para o partido fronte a Leyma Coruña, o club activou a opción para que os abonados poidan liberar o seu asento e que outro obradoirista poida adquirilo.
O derbi galego da xornada 14 da Primeira FEB, que se disputará o 28 de decembro ás 18:00 horas no Multiusos Fontes do Sar, está a xerar unha expectación enorme. As entradas esgotáronse en apenas 15 minutos, deixando a moitos afeccionados non abonados sen a posibilidade de asistir. Lembramos que os abonados poden acceder ao partido co seu abono de tempada, igual que a todos os encontros do calendario.
Para que a Caldeira ruja ao máximo, o club lanza a iniciativa “A Rebo-Sar”, que permite aos abonados liberar o seu asento para que outro obradoirista poida mercalo. Se o asento liberado se vende, o abonado recibirá o 50 % do importe da venda no seu monedero do club.
A venda destes asentos será exclusiva para abonados do Monbus Obradoiro, garantindo que os seguidores máis fieis poidan adquirir as entradas liberadas e traer a un acompañante ao partido. Conforme os abonados liberen o seu asento, este poñerase directamente á venda.
Con esta acción, o Monbus Obradoiro busca premiar aos seus abonados e encher o pavillón de ambiente obradoirista, ofrecendo a todos os afeccionados a oportunidade de vivir un dos encontros máis esperados do calendario.
As persoas que desexen liberar o seu asento poden facelo facilmente desde a sección de abonados da nosa web. Só teñen que iniciar sesión co seu usuario e contrasinal, acceder a “Os meus abonos” desde o seu perfil, premer en “Xestionar” na información do seu abono, localizar o partido de Leyma Coruña, seleccionar “Opcións” e escoller “Vender Entrada”. Antes de completar a operación, o sistema solicitará confirmación para asegurarse de que realmente desexas continuar.
1
Base
Altura: 1,78m.
Data nacemento: 26/06/1998
5
Ala-pivot
Altura: 2,03m.
Data nacemento: 21/09/1996
7
Pivot
Altura: 2,18m.
Data nacemento: 30/04/1998
8
Pivot
Altura: 2,10m.
Data nacemento: 26/02/1992
9
Base
Altura: 1,98m.
Data nacemento: 24/06/1992
10
Base
Altura: 1,87m.
Data nacemento: 24/01/2006
11
Pivot
Altura: 2,13m.
Data nacemento: 09/10/2025
16
Pivot
Altura: 2,06m.
Data nacemento: 26/11/2002
23
Alerg
Altura: 1,96m.
Data nacemento: 15/04/1993
24
Alerg
Altura: 1,98m.
Data nacemento: 24/04/1997
25
Escolta
Altura: 1,85m.
Data nacemento: 21/04/1996
28
Escolta
Altura: 1,87m.
Data nacemento: 31/08/1998
29
Base
Altura: 1,99m.
Data nacemento: 21/11/1999
57
Ala-pivot
Altura: 2,07m.
Data nacemento: 12/09/1999
Adestrador
Data nacemento: 25/05/1978
O noso sitio utiliza cookies.
Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para analizar nuestros servicios y mostrarte publicidad relacionada con tus preferencias, en base a un perfil elaborado a partir de tus hábitos de navegación (por ejemplo, páginas visitadas). Si continúas navegando, consideraremos que aceptas su uso. Puedes configurar o rechazar la utilización de cookies u obtener más información aquí
Más información sobre el uso de cookies y sus opciones de privacidad
Este sitio web utiliza cookies propias para recabar y tratar su información con las finalidades que se detallan a continuación en el panel de configuración.
A través del mismo, puede aceptar o rechazar de forma diferenciada el uso de cookies, que están clasificadas en función del servicio. En cada uno de ellos encontrará información adicional sobre sus cookies. Puede encontrar más información en Política de cookies.
