
O CB Vilagarcía, en colaboración co Concello e cos clubs participantes, trae a Vilagarcía a dous dos equipos candidatos a regresar á ACB nun partido que servirá como primeira proba antes do inicio da competición.
Un encontro que ambas afeccións agardan con ganas ao tratarse de dous rivais directos que confeccionaron cadros de altísimo nivel.
As entradas terán un prezo de 5 euros. Os menores de 10 anos entrarán de balde, pero NON terán asento propio.
Desde hoxe, as entradas poderanse mercar en Motobazar (Vilagarcía) ou a través da nosa páxina web: cbvilagarcia.com
Ademais, haberá un espazo habilitado para as peñas de ambos equipos. Desde esta tarde, a través da web, poderedes cubrir o cuestionario e enviar un listado cos membros que acoden en grupo para reservarvos unha zona específica do pavillón.
Para calquera dúbida, este será o correo de contacto: torneosanroque@cbvilagarcia.com
As portas abriranse ás 19:30 h, pero a cantina estará aberta desde as 18:30 h para que todas as persoas afeccionadas poidan gozar da boa previa que un partido coma este merece.