Noticia

O Monbus Obradoiro estreará tenda oficial física e en liña

Co propósito de reforzar a presenza da marca Obradoiro e facilitar o acceso á súa roupa e merchandising oficial, o club dá un paso máis na súa estratexia de proximidade coa afección coa apertura dun novo espazo físico no Multiusos Fontes do Sar, xusto enfronte das súas oficinas actuais. Este punto permitirá aos seareiros mercar de xeito cómodo e directo todos os artigos oficiais do equipo.

A tenda convivirá coa venda en liña, ampliando así as opcións para que os obradoiristas poidan facerse cos produtos desde calquera lugar.

Ademais de ser un lugar de compra, a tenda está chamada a converterse nun espazo de referencia, encontro e información para a afección, onde os seareiros poderán facer consultas e, entre outras cousas, recoller os seus abonos físicos para a tempada.

Nos vindeiros días, o club dará a coñecer tanto a data e horario de apertura da tenda coma as datas de recollida dos abonos físicos.

Destacado