Noticia

Monbus Obradoiro e Estrella Galicia continúan da man

A estreita vinculación entre Estrella Galicia e o baloncesto galego reflíctese, un ano máis, no seu apoio decidido ao Monbus Obradoiro como un dos seus principais patrocinadores. Deste xeito, o equipo que competirá na Primeira FEB seguirá lucindo con orgullo o logo de Estrella Galicia na parte frontal da súa camiseta oficial de xogo, un símbolo de identidade compartida e de raíces fondamente galegas.

Ademais, a colaboración esténdese á canteira obradoirista, que continuará vinculada a Cabreiroá, reafirmando a importancia de traballar cos máis novos e de impulsar o talento emerxente do baloncesto en Galicia.

Con esta renovación, Estrella Galicia ratifica o seu papel como empresa clave para o pulo do deporte profesional en Galicia, e o Monbus Obradoiro celebra poder seguir camiñando da man dun socio que comparte os seus valores de esforzo, compromiso, proximidade e paixón polo noso.

Destacado