Noticia

‘A Rebo-Sar’: Libera o teu asento a outro obradoirista

O derbi galego da xornada 14 da Primeira FEB, que se disputará o 28 de decembro ás 18:00 horas no Multiusos Fontes do Sar, está a xerar unha expectación enorme. As entradas esgotáronse en apenas 15 minutos, deixando a moitos afeccionados non abonados sen a posibilidade de asistir. Lembramos que os abonados poden acceder ao partido co seu abono de tempada, igual que a todos os encontros do calendario.

Para que a Caldeira ruja ao máximo, o club lanza a iniciativa “A Rebo-Sar”, que permite aos abonados liberar o seu asento para que outro obradoirista poida mercalo. Se o asento liberado se vende, o abonado recibirá o 50 % do importe da venda no seu monedero do club.

A venda destes asentos será exclusiva para abonados do Monbus Obradoiro, garantindo que os seguidores máis fieis poidan adquirir as entradas liberadas e traer a un acompañante ao partido. Conforme os abonados liberen o seu asento, este poñerase directamente á venda.

Con esta acción, o Monbus Obradoiro busca premiar aos seus abonados e encher o pavillón de ambiente obradoirista, ofrecendo a todos os afeccionados a oportunidade de vivir un dos encontros máis esperados do calendario.

Como liberar o teu asiento

As persoas que desexen liberar o seu asento poden facelo facilmente desde a sección de abonados da nosa web. Só teñen que iniciar sesión co seu usuario e contrasinal, acceder a “Os meus abonos” desde o seu perfil, premer en “Xestionar” na información do seu abono, localizar o partido de Leyma Coruña, seleccionar “Opcións” e escoller “Vender Entrada”. Antes de completar a operación, o sistema solicitará confirmación para asegurarse de que realmente desexas continuar.

Categorías
Destacado